Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |


Cambiar idioma

Outras utilidades


Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un artefacto pirotécnico causou danos polo seu mal estado

En 1987 estalou inesperadamente un aparello pirotécnico na procesión anual de Orgiva (Granada), debido a que se estaba humedecido pola choiva que caeu ó longo do día. A raíz da explosión, varias persoas sufriron lesións físicas e danos á propiedade e nos bens que se atopaban nas proximidades. Para o Supremo, en sentencia do 11 de abril de 2000, é clara a responsabilidade do Concello, pois non velou convenientemente pola seguridade do acto, delimitando a zona e evitando que as persoas se achegasen excesivamente ós aparellos pirotécnicos.

Pero tamén considera responsables ó propio pirotécnico encargado persoalmente do artefacto, ó entender que non adoptou tódalas precaucións necesarias para evita-lo dano, sendo precisamente o primeiro obrigado en advertir do perigo de humedecemento dos artefactos pola choiva. Tratouse, polo tanto, dun feito previsible que puido ser evitado. Tamén declara a responsabilidade da confraría organizadora da procesión, por contrata-lo pirotécnico e encargarse do desenvolvemento do festexo. Por iso, condena a todos eles a indemniza-las víctimas polos danos e prexuízos causados.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto