Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |


Cambiar idioma

Outras utilidades


Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Enroscáronlle mal o tapón do depósito do aceite e o coche avariouse

Un usuario acudiu a un taller de reparacións para cambiar de aceite o seu vehículo. Pouco tempo despois sufriu unha avaría que fixo necesario o seu traslado a outro taller. Alí detectouse que o vehículo carecía de aceite de engraxe no cárter porque o perdera a través do tapón, que quedou roto ó ser enroscado de forma inconveniente. Reparouse esta avaría mediante a substitución do tapón e a reposición do aceite. Pero, un mes máis tarde, o vehículo sufriu unha nova avaría, atribuíble á reparación do primeiro taller, que rexeitou facerse cargo dos danos, por transcorreren 8.457 quilómetros desde a realización do servicio ata a producción do sinistro, pasados amplamente os 2.000 quilómetros ós que a lei restrinxe a súa garantía.

Para a Audiencia Provincial de Zaragoza, en sentencia do 25 de xaneiro de 2000, resulta lóxica e racional a presunción de que, unha vez acreditada que a segunda avaría está relacionada coa actuación do primeiro taller, este, independentemente do transcurso do prazo de garantía regulado polo Decreto 1457/1986 do 10 xaneiro -3 meses ou 2.000 quilómetros, e 15 días ou 2000 quilómetros para vehículos industriais-, queda suxeito ás responsabilidades recollidas nos artigos 25 e seguintes da Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios. Polo anterior, a Audiencia condena o taller a indemniza-lo usuario con 771.135 pesetas mailos seus intereses legais, e impón ó demandado as costas da primeira instancia.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto