Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Sobre a responsabilidade de Tabacalera na Síndrome de Buerguer

Un fumador demandou a Tabacalera e ó Ministerio de Economía e Facenda e solicitou unha indemnización de 350 millóns de pesetas por responsabilidade extracontractual, xa que, ó seu entender, padecía a enfermidade Síndrome de Buerguer a causa do consumo de tabaco da marca Ducados. Segundo o Xulgado de Primeira Instancia número 70 de Madrid, en sentencia do 7 de abril de 2000, precísanse tres presupostos para que prospere unha acción de responsabilidade extracontractual: a acción ou omisión culpable ou neglixente do demandado (Tabacalera), o resultado daniño e a relación de causalidade entre a acción ou omisión e o dano.

Neste caso, en primeiro lugar, considérase acreditado que o enfermo era gran fumador e seguiu consumindo tabaco a pesar de que cando se lle detectou a enfermidade lle recomendaron que o deixara, e que a enfermidade evolucionou desfavorablemente ata a amputación dos brazos e das pernas. En segundo lugar, conclúese que se descoñece a causa da enfermidade de Buerguer, se ben o consumo de tabaco empeora o estado dos enfermos, pero sen poder afirma-la relación causa-efecto, xa que non tódolos enfermos son fumadores e, ó suprimi-lo tabaco, non desaparece a enfermidade, aínda que mellora a súa evolución. Por todo o anterior, segundo o xulgado, non é posible establecer unha relación de causalidade entre o consumo de tabaco e a enfermidade e desestímase a reclamación, condenando en custas ó demandante.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto