Saltar o menú de navegación e ir ao contido

CONSUMER EROSKI, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |


Cambiar idioma

Outras utilidades


Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A ex noiva non paga as débedas da conta corrente conxunta

Cando aínda saía coa miña moza abrimos unha conta corrente conxunta na que constaba eu como primeiro titular. Hai xa tempo que rompín con ela, pero meses despois desta ruptura o banco chamoume para me notificar unha débeda nesa conta que ascendía a 350.000 pesetas, cantidade que eu non gastei. A miña ex moza non paga as débedas e como son o titular debo facelo eu, senón o banco levará o caso ó seu bufete. ¿Que podo facer?

Aínda que neste tipo de contas calquera dos titulares pode dispor de cartos coa súa soa sinatura sen contar cos outros titulares, os cargos ou débitos causantes do descuberto foron efectuados por un só deles, e, por iso, non cabería obrigar ós demais titulares a asumi-los descubertos. Segundo o Supremo (sentencia do 14 de xuño de 1991), é inadmisible que nunha conta, aínda que sexa indistinta e solidaria, poida o banco cargar cantidades adebedadas por un dos titulares obrigando ó outro titular a pagar, e isto é o que o banco pretende. A partir do anterior, poderíase estimar máis axustado a dereito que o banco reclame o importe do descuberto exclusivamente a quen gastou os cartos, que si é responsable do débito.

De tódolos xeitos, tamén hai quen opina o contrario, que tódolos titulares se consideran responsables solidarios nestes supostos. Mesmo nas Audiencias Provinciais o criterio non é uniforme e recóllense sentencias que estiman a demanda contra os titulares que non xeraron o descuberto.

Outra cuestión sería se a persoa a quen o banco reclama o pagamento da débeda fora o único titular da conta, e quen realizou o gasto unha persoa autorizada. En tal caso, a responsabilidade polo descuberto fronte ó banco recae sobre o titular. Por todo iso, convén acudir a un avogado para que medie coa entidade financeira, atendendo ás condicións do contrato, ás notificacións do banco en reclamación da débeda e, en xeral, ás circunstancias particulares de cada caso.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • Accesibilidade: Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto