Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Devolucións a establecementos: Informarse antes de comprar é fundamental

As devolucións de productos son aínda fonte de malentendidos e conflictos entre clientes e establecementos

 Se ben é certo que algunhas tendas incumpren as leis que regulan a actividade comercial, tampouco o é menos que os consumidores aínda continuamos sen coñecer de todo os nosos dereitos e a miúdo esiximos o cumprimento de leis ou obrigacións que non existen ou que tan só se aplican en determinados casos. Por iso, convén informarse antes de realizar unha compra, para evitar posteriores problemas.

  • Lembre que o dereito a devolución dos cartos só existe se a mercancía presenta algún defecto de fabricación anterior á venda. Neste caso, o comprador poderá esixir, se non prefire que lle restitúan o artigo, que o importe do producto lle sexa reembolsado en diñeiro, e non terá por qué aceptar vales, cheques nin moeda interna.
  • Os establecementos poden decidir libremente se aceptarán devolucións de productos non defectuosos. En caso afirmativo, determinarán, ademais, as condicións (prazos, se a devolución se efectuará en metálico ou mediante vales de compra, se o envoltorio pode estar aberto ou non, etc). Por iso, antes de comprar un producto, infórmese sobre a posibilidade ou non de devolución e das condicións.
  • Garde sempre o ticket de compra. A súa presentación é imprescindible á hora de efectuar calquera cambio ou devolución.
  • Se a publicidade dun establecemento ou dun producto anuncia a través de calquera medio que se vostede non queda satisfeito co producto, lle devolven os cartos, ten dereito a iso, xa que a publicidade é vinculante para quen a efectúa. Non obstante, será o establecemento quen decida cándo acaban ou cambian as condicións anunciadas mediante a publicidade, así pois, antes de comprar pregunte se continúa vixente.
  • Na venda a domicilio e na venda a distancia dispón dun prazo de 7 días, desde a recepción da mercancía, para devolve-lo producto.
  • De non existi-la proposta "se non queda satisfeito, devolvémoslle os seus cartos" e desexe retornar un producto non defectuoso, trate de chegar a un acordo amigable co comercio, pero non esqueza que o establecemento poderá negarse a acepta-la devolución.
  • Cando realice unha compra coa condición de ter a proba durante uns días o producto adquirido, exerza o seu dereito a devolvelo no prazo acordado. En caso de non se ter fixado o prazo, será de 7 días.
  • Nas compras a prazos, esixa que lle inclúan unha cláusula que posibilite a disolución do contrato de compra dentro dos tres días posteriores á entrega do artigo.
  • Se por lei ten dereito a cancela-lo contrato pero o vendedor se nega a devolverlle a cantidade entregada, acuda á OMIC máis próxima ou á Xunta Arbitral de Consumo.
  • Non esqueza que os comercios non admiten cambios de obxectos que poidan ser reproducidos ou copiados (cintas de vídeo, casetes, CDs), de prendas íntimas ou artigos de hixiene nin de roupa de festa.
  • Se un establecemento admite devolucións durante toda a temporada, tamén deberá facelo en época de rebaixas. En caso contrario, deberá advertilo explicitamente (mediante letreiros, por exemplo). En caso de amaños a prendas (arranxar baixos ou mangas, estreitar cintura...) ocorre o mesmo. Se son gratuítos durante a temporada pero se cobran en época de rebaixas, o establecemento tamén deberá advertilo.
  • As devolucións de productos con garantía de seis meses ou máis, como aparellos eléctricos, ferramentas e mobles, realízanse da seguinte maneira: se o comprador, aducindo defectos de fabricación, os devolve antes de transcorrido o prazo de garantía, será o vendedor quen deba demostrar que non se trata de defectos de orixe. Polo contrario, se os devolve unha vez finalizada a garantía, será o cliente mesmo quen deberá probar que os defectos eran de fábrica.


Relacións deste contido


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto