Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Rexistrar un dominio en Internet, ó alcance de calquera: www.omeunome.com

Rexistrarse en Internet e obter un dominio resulta tan sinxelo como entrar nun sitio web que permita comprar dominios e seguir uns simples pasos. O difícil é adquirir un dominio co nome desexado, xa que a maioría están ocupados

  En consecuencia, a caza do dominio converteuse nunha actividade cada vez máis estendida entre profesionais e afeccionados. A rapidez é fundamental en Internet, como ben saben algunhas empresas ou entidades que non lle outorgaron á Rede a importancia que se merece e viron os seus dominios ocupados. Por iso, é o momento de facerse co DNI da rede, e CONSUMER explícalle cómo facelo nas seguintes liñas.

Nomes de dominio

Os nomes de dominio son palabras sinxelas de lembrar que permiten acceder rapidamente a unha páxina web. Por exemplo, yahoo.com ou consumer-revista.com. Cada vez que se escribe no navegador consumer-revista.com, os protocolos de Internet transforman este nome nunha dirección para que a operadora atope o sitio e o poña en pantalla.

Dominios .COM, .NET e .ORG

Os dominios .COM (comercial), .NET (redes), .ORG (outras organizacións), .EDU (educación), .MIL (militar) e .GOV (institución gobernamental) conforman a clasificación por funcións. Entre estes seis, só os tres primeiros poden ser rexistrados por particulares ou empresas, ó momento e sen ningún requisito previo. Recentemente propuxéronse sete novos dominios de primeiro nivel (.FIRM, .SHOP, .WEB, .ARTS, .REC, .INFO e .NOM). Aínda que polo momento estes dominios non se poden adquirir ó instante, xa é posible reservalos.

Ónde rexistrar un dominio .COM, .NET ou .ORG

A organización supranacional ICANN é a responsable da administración dos nomes de dominios .COM, .NET e .ORG de Internet. No sitio web de InterNIC podemos encontrar información sobre o rexistro destes dominios e unha lista con diversos sitios web, recoñecidos polo ICANN, que permiten rexistrar un dominio. Entre tódolos rexistradores autorizados polo ICANN, Network Solutions conta, sen dúbida, cun maior número de rexistros, con dez millóns de dominios. Sen embargo, para países hispanofalantes o máis conveniente é utiliza-la páxina de Nominalia ou a de Interdomain (www.interdomain.org), que actúan ó mesmo nivel que Network Solutions, e permiten o rexistro dos dominios .COM, .NET, .ORG.

Pasos para o rexistro

O primeiro paso consiste en comprobar que o dominio que queremos rexistrar está aínda libre. Para iso, deberemos escribir na páxina principal de calquera empresa rexistradora de dominio o nome (por exemplo, omeunome) e pulsar OK. A continuación, indicará se algún dos dominios omeunome.com, omeunome.net ou omeunome.org se atopa dispoñible e preguntará se queremos rexistralo. Se ningún aparece libre, pódese probar con outros nomes ata encontrar algún que si o estea. O seguinte paso consiste en encher un formulario onde solicitarán os nosos datos persoais e unha dirección de correo (onde nos enviarán a confirmación do rexistro). Finalmente, débese facilita-lo número da tarxeta de crédito na que se cargará o importe dos dominios. O custo de cada un dos dominios é de 35 dólares (6.400 pesetas) por ano. Rexistrado o dominio, recibiremos en breve na nosa conta de correo instruccións para a súa confirmación. Unha vez aceptado, Network Solutions enviará por correo postal os documentos que nos acreditan como propietarios dos novos dominios.

Dominios de primeiro nivel

A clasificación por zonas xeográficas utiliza dominios de primeiro nivel con dúas letras. Por exemplo, .AR para Arxentina, .ES para España ou .MX para México. Cada un destes países administra os seus dominios e establece os trámites a seguir para o seu rexistro. A súa xestión é sempre máis complexa que a dos dominios xerais .COM, .ORG ou .NET e pode chegar a durar varios días. No caso de España (.ES) a súa adquisición está reservada a persoas xurídicas ou empresas legalmente constituídas, segundo se explica na orde de 21 de marzo do Ministerio de Fomento. A complexidade para efectua-los rexistros explica que só existan a metade de dominios que na República Checa e cinco veces menos que en Italia.

Rexistros doutros dominios

Segundo explicamos máis arriba, os dominios xeográficos (.ES) xestiónaos cada un dos países, ó contrario que os dominios .COM, .NET e .ORG, que son universais. Existe tamén unha terceira posibilidade: rexistrar nomes de dominio de terceiro nivel (por exemplo, .es.org). Internet ofrece a través de iRedi (www.iredi.com) un servicio gratuíto de rexistro de nomes de dominio rematados en ES.ORG.

Non vale calquera nome

No caso de dominios .COM non hai ningún problema, pero si para solicita-lo .ES, xa que se non existe ningunha persoa física ou xurídica con ese nome, será pouco probable conseguir un dominio de primeiro nivel. Ademais, hai que saber que as normas de ES-NIC (organización que en España outorga os dominios .ES) prohiben os dominios que inclúan termos ou expresións que resulten contrarios á lei, á moral ou á orde pública.

Navegar a la carta

Nesta ocasión asomámonos á pantalla co propósito de descubrir grandes portais e sitios educativos, útiles tanto para alumnos e profesores como para pais. Xunto á calidade da didáctica que se debe esixir ós contidos, tamén se require que a navegación resulte atractiva e fácil, buscando que este soporte se converta nunha axuda, e mesmo nunha persión formativa para os estudiantes.

Educared. Visita fundamental cando o que se busca na Rede está relacionado coa educación. Esta páxina preséntase a si mesma como un programa creado para facilita-lo uso educativo de Internet na escola. Abre ó internauta, tanto alumno, educador ou pai, unha gran variedade de contidos, desde os puramente informativos ata datos e enlaces de interese. O máis positivo é a rapidez coa que se navega entre as súas páxinas e a claridade de conceptos, que facilitan unha incursión útil e proveitosa.

Educanet. Unhas simpáticas iconas de trazos infantís achégannos ó quiosco, ó recreo, á biblioteca e ós centros desta escola virtual. Entre as súas paredes non falta nada para coñecer todo o que se precise desde o punto de vista pedagóxico, informativo e consultivo. A travesía resulta moi cómoda e rápida. Tras esta sinxela presentación escóndese un mundo infinito de posibilidades.

Recuncho do Vago. Sitio web de visita obrigada para estudiantes. pertido, enxeñoso e útil, ofrece a posibilidade de conseguir apuntamentos e exames, inserir anuncios no taboleiro, entrar na cafetería...

Caixa das palabras máxica. Aínda que destinado a rapaces, seguro que os maiores tamén o pasarán ben descubrindo os xogos que se ofrecen desde aquí. Son retos que se fai o internauta a si mesmo para desenvolve-la imaxinación. O mellor, a facilidade coa que se accede e o práctico que resulta o deseño. Educativo ó tempo que pertido.

E Pals. Páxina que conecta centos de aulas de todo o mundo. Descríbese a si mesma como a comunidade de aulas en liña máis grande de Internet, xa que une 1,9 millóns de estudiantes e profesores de 27.764 colexios. Abre un camiño ó profesor de informática se se decide a formar parte desta comunidade virtual.

Piscolabis.net. Os máis pequenos tamén contan cun espacio destinado enteiramente á súa formación, e por qué non, persión. Nesta ocasión, ademais de presentar contidos dignos de eloxio, destaca a presentación atractiva para os ollos dun neno. E o mellor de todo: piscolabis pensa neses nenos que viven unha franxa de idade difícil, os que deixaron os 8 anos pero aínda non chegaron ós 14. Os contos de piscolabis son sinxelamente xeniais.

Examinador da Escola Superior de Enxeñeiros de San Sebastián. ¿A quen non lle gustaría coñece-las preguntas dun exame antes de facelo? Aínda que isto non é precisamente o que se garante aquí, resulta moi útil para aplica-los coñecementos. Previa entrega do correo electrónico persoal, ofrecen a posibilidade de realizar exames, desde probas de acceso á Escola de Enxeñeiros de cursos anteriores, a exercicios de Física (4º de E.S.O, 1º de Bacharelato, de 2º de Bacharelato) e Matemáticas (3º de E.S.O, 4º de E.S.O, 1º de Bacharelato, 2º de Bacharelato). Hai un tempo máximo para poder atopa-las solucións ós problemas, que se remiten unha vez terminada a proba.


Relacións deste contido

Tamén che interesa

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto