Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Recupera-los valores "de sempre": Educar co exemplo, ou máis eficaz

Sociólogos e outros estudiosos das relacións humanas deron a voz de alarma: a deterioración na convivencia social que distancia a algúns pais dos seus fillos e ós educadores dos seus alumnos

  A imparable violencia machista, os desencontros entre pais e fillos e entre estes e os seus profesores, o culto que renden á violencia certos sectores da mocidade, o novo fenómeno de adolescentes descontrolados durante fins de semana cheos de drogas e alcohol, o crecente fracaso escolar e a conseguinte desmotivación de mozos e mozas, a competitividade inhumana nalgunhas empresas... son manifestacións dunha problemática que ten moitas e complexas causas, unha das cales podería se-la quebra dalgúns valores universais deixados de lado polo seu aroma a vello ou pouco moderno, como o respecto polas persoas maiores, o coidado coas cosas que son de todos ou a cultura do esforzo como medio para o progreso material e persoal. Máis dun psicólogo e psicopedagogo comeza a reivindicalos, aínda á custa de cargar cunha imaxe negativa de reaccionario ou contrario á moda e ós valores en boga, como o individualismo, a satisfacción inmediata de calquera desexo ou a diversión sexa como for. Parte da nosa sociedade parece solicitar que os que temos responsabilidades, entre outros pais, educadores e medios de comunicación, rescatemos eses valores "de sempre" que promoven a vida en sociedade e dotan dun sentido humano, cívico (¡que palabra tan aparentemente arcaica e sen embargo tan chea de significado hoxe mesmo!) e solidario ás nosas vidas.

Os valores fannos máis humanos e máis libres

Teñamos presente que a escala de valores e crenzas de cada persoa é a que determina a súa forma de pensar e o seu comportamento. A carencia dun sistema de valores definido e compartido pola maioría da poboación instala o suxeito, especialmente ó menos maduro, na indefinición e indefensión e nun baleiro existencial que o deixa dependente doutros e dos criterios de conducta e modas máis peregrinos. Pola contra, os valores asumidos como cultura, como o que compartimos cos seres humanos que nos rodean e con todos en xeral, axúdannos a saber quén somos, a ónde imos, qué queremos e qué medios ou ferramentas nos poden conducir ó logro fundamental da nosa existencia: o benestar emocional, un dos elementos esenciais diso que denominamos calidade de vida.

Estes valores non dependen dos tempos nin das conxunturas, porque nada teñen que ver co sistema económico ou político vixente nin coas circunstancias concretas ou modas do momento. Son intemporais, de puro humanas e potenciadoras da sociabilidade e do equilibrio na relación entre as persoas que resultan. Están por riba das circunstancias, pola súa sólida vinculación coa dignidade humana. E porque promulgan o respecto ás opinións e necesidades dos demais. Son valores do eu, que non pode desenvolverse se non vive en liberdade e en coherencia cuns principios intimamente relacionados coa responsabilidade de entender que todos somos seres humanos, coa nosa dignidade, as nosas necesidades, os nosos gustos e a nosa propia emotividade. Iguais na nosa diferencia, en suma. A Declaración Universal sobre Dereitos Humanos da ONU recoñece o home como portador de valores eternos, que sempre han ser respectados. Estes valores, recoñecidos por todos, sentan as bases dun diálogo universal e poden servirnos de guía: ó individuo, para a súa autorrealización; e á humanidade, para unha convivencia en paz e harmonía.

Ensinar co exemplo

Nas últimas décadas primouse, quizais como reacción a anteriores propostas máis coercitivas que dialogantes, unhas posturas pedagóxicas máis permisivas e abertas, baseadas no deixar facer e no principio de non coacción á espontaneidade da persoa. Isto percibiuse especialmente nas relacións entre pais e fillos e entre estes e os seus profesores. Hai moitas causas sociais, políticas e mesmo económicas (a muller incorpórase ó traballo remunerado e os pais a penas teñen tempo para ver, e moito menos para educar, os seus fillos) que explican esta evolución, pero non nos deteñamos aí. A sensación que prima nalgúns pais e educadores é que a experiencia aperturista non foi de todo positiva. Ós adolescentes cústalles recoñece-la autoridade moral de pais e educadores e os problemas de convivencia afloran en moitas familias. E son demasiados os rapaces (e maiores, por suposto) que se comportan ignorando os máis elementais principios de solidariedade e de respecto ós demais.

Dun seco e frío autoritarismo, pouco proclive ás explicacións e menos aínda a escoita-lo neno ou mozo, pasamos (permitámono-la esaxeración) a unha permisividade do "todo vale" e estímase que quizais tardemos toda unha xeración en recupera-la autoridade dialogante, unha autoridade que fixa e marca límites xustos, razoables e negociables, necesarios para a aprendizaxe da liberdade persoal e a convivencia social. Necesitamos unha volta de porca. Se non se discute que é difícil educar en valores cando se mantén unha actitude controladora e represiva, cada día está máis claro que non é máis sinxelo conseguilo desde a tolerancia case sen límites que parece reinar hoxe en moitos fogares. Non son poucos os pais e educadores, e en xeral adultos, que temen contraria-los mozos, aínda que a razón os asista.

Agora ben, non se trata de autoculpabilizarnos, nin de culpar a ninguén de por qué e cómo chegamos onde estamos, senón de que cada un, como parte implicada, asumámo-la cota de responsabilidade que nos corresponde na educación neses valores. Pero só na medida en que vivámo-los valores que queremos transmitir conseguirémo-lo obxectivo. Porque educar é, fundamentalmente, comunicar a través do exemplo, transmitir actitudes e comportamentos. O testemuñalismo pasou, e moi xustamente, de moda. Non esquezamos nunca que ante os educandos sómo-los seus modelos.

Un a un, dez valores moi rescatables

  1. Respecta-las persoas maiores: vivímolo case como unha imposición "por se-lo pai ou nai, avó ou avoa"; cambiemos esa obediencia cega polo sincero respecto cara ós que, cunha vida de esforzos, nos transmitiron a próspera sociedade que gozamos.
  2. Prestixia-los educadores: volver revestilos da dignidade e respecto que a súa profesión merece e acepta-la súa autoridade. E transmitilo a nenos, mozos e adultos. É imprescindible.
  3. Solidariedade cos débiles (e non só cos marxinados) que nos rodean.
  4. Respecto ós bens e servicios públicos: educar na máxima "isto é de todos e debemos velar porque se atope en bo estado" e na obriga de coidar como noso o patrimonio común.
  5. Non deixarnos levar polo consumismo. Nada ten de malo o benestar material, pero intentemos ser consumidores conscientes e informados, e controla-la ansiedade de comprar por comprar. Só conduce á frustración, á deterioración ecolóxica e a outros desgustos máis prosaicos.
  6. Aprender a escoitar: de forma incondicional (sen xuízos nin prexuízos), activa e empática, comunicando de verdade co interlocutor e intentando poñernos na súa pel.
  7. Aprender a esperar, a respecta-la vez. Supera-la ansiedade de se-lo primeiro, de conseguilo todo á primeira e rapidamente. Os demais tamén esperan.
  8. Aprender a perder, a fallar, a asumi-lo fracaso como proceso básico de toda aprendizaxe de crecemento persoal. Un "non" hai que saber asumilo sen dramas. Teremos que oír moitos na nosa vida.
  9. Desenvolve-lo sentido de responsabilidade, potencia-la cultura do esforzo. Organización, puntualidade, empeño por facer ben as cousas... son ideas moi positivas.
  10. Potencia-la autoestima, coidar de nós mesmos. Aceptación, valoración e mimo cara a un mesmo.

Os valores fannos máis humanos e máis libres

Teñamos presente que a escala de valores e crenzas de cada persoa é a que determina a súa forma de pensar e o seu comportamento. A carencia dun sistema de valores definido e compartido pola maioría da poboación instala o suxeito, especialmente ó menos maduro, na indefinición e indefensión e nun baleiro existencial que o deixa dependente doutros e dos criterios de conducta e modas máis peregrinos. Pola contra, os valores asumidos como cultura, como o que compartimos cos seres humanos que nos rodean e con todos en xeral, axúdannos a saber quén somos, a ónde imos, qué queremos e qué medios ou ferramentas nos poden conducir ó logro fundamental da nosa existencia: o benestar emocional, un dos elementos esenciais diso que denominamos calidade de vida.

Estes valores non dependen dos tempos nin das conxunturas, porque nada teñen que ver co sistema económico ou político vixente nin coas circunstancias concretas ou modas do momento. Son intemporais, de puro humanas e potenciadoras da sociabilidade e do equilibrio na relación entre as persoas que resultan. Están por riba das circunstancias, pola súa sólida vinculación coa dignidade humana. E porque promulgan o respecto ás opinións e necesidades dos demais. Son valores do eu, que non pode desenvolverse se non vive en liberdade e en coherencia cuns principios intimamente relacionados coa responsabilidade de entender que todos somos seres humanos, coa nosa dignidade, as nosas necesidades, os nosos gustos e a nosa propia emotividade. Iguais na nosa diferencia, en suma. A Declaración Universal sobre Dereitos Humanos da ONU recoñece o home como portador de valores eternos, que sempre han ser respectados. Estes valores, recoñecidos por todos, sentan as bases dun diálogo universal e poden servirnos de guía: ó individuo, para a súa autorrealización; e á humanidade, para unha convivencia en paz e harmonía.


Relacións deste contido

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto