Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Animais de compañía: cómo nos comportamos con eles: Os animais esixen coidados e atencións que non sempre lles damos

Os animais domésticos proporcionan compañía, devolven sobradamente o afecto que reciben, introducen en nenos e mozos os necesarios conceptos de rutina e responsabilidade

Con só un can, que non é de raza e sae a 5.000 pesetas ó mes

  No noso país, o propietario máis habitual dun animal de compañía responde ó seguinte perfil: - Posúe un can que non é de raza - Gasta en manutención e atención sanitaria unhas 5.000 pesetas ó mes - Considera que nas cidades non hai espacios verdes suficientes para paseo e esparexemento do seu can - Se pensa ir de vacacións sen o seu can, prescinde das residencias para mascotas e opta por deixalo ó coidado de amigos ou familiares, ou só na casa - Coida ben do seu can: a inmensa maioría ten a súa propia cartilla sanitaria e é vacinado cando o require - Aliméntao con pensos, aínda que en localidades pequenas recórrese moito ás sobras de comida - Quen o atende diariamente é unha muller duns 40-50 anos - En xeral, está satisfeito do seu animal de compañía, pero se tivera que queixarse de algo mencionaría os estragos no mobiliario, a sucidade que xera na vivenda e a diminución de liberdade persoal que entraña a súa atención.

Cuando adquiera un animal de compañía...

  • Esixa a factura
  • Solicite garantías. A garantía é a responsabilidade adquirida polo vendedor fronte ás posibles anomalías ou defectos ocultos do animal. Deben garantirlle que a mascota está libre de enfermidades hereditarias ou de orixe infecciosa durante un período de tempo prudencial: de dez a quince días para enfermidades infecto-contaxiosas e de por vida para os defectos hereditarios. Pode esixir unha indemnización ou rescindi-lo contrato de compravenda no caso de adquirir un cachorro enfermo, pois a súa intención era a compra dun animal en perfecto estado de saúde. As garantías que lle ofrecen deben constar por escrito, preferiblemente na mesma factura.
  • Ollo co pedigree. O certificado de orixes é un documento emitido pola Real Sociedade Central de Fomento das Razas Caninas, no que figuran os ascendentes do animal, identificando os seus pais, avós e bisavós, tanto paternos como maternos. Acredita tamén a súa calidade xenética. Se lle están vendendo (e cobrando) un can ou gato como de pura raza, que o demostren.
  • A cartilla sanitaria, en regra. É un documento individualizado para cada animal, cumprimentado por un veterinario. Deben figurar, nel, tódalas súas vacinas e as incidencias relevantes do seu historial clínico ata o mesmo momento da súa venda. Calquera omisión ou defecto de forma na súa cumprimentación, invalídaa, e o carné perde todo o seu valor.
  • Todos estes documentos son papel mollado se o animal non ten unha identificación ou marca inequívoca que o distinga e o determine como único e singular. Non hai certeza de que a documentación que nos entrega o vendedor pertenza ó animal que desexamos comprar se eses documentos describen moi vagamente o animal e este responde de igual modo á descrición da cartilla.

Cómo se-lo mellor amigo da nosa mascota e dos nosos veciños: dez regras

  • Vixíe ónde fan as súas necesidades e, no seu caso, retíreas.
  • Non a abandone en vacacións nin a deixe en mans de persoas que non gusten dos animais.
  • Non leve o can solto pola rúa. Algunhas persoas téñenlle medo. E, ademais, poden provocar accidentes ou perderse.
  • Non todo é alimentación e coidado sanitario: intente que a súa mascota se divirta, que o pase ben. Gústalles moito xogar con outros animais da súa mesma especie. Procure que isto ocorra.
  • Procure non acudir a festas ou reunións coa súa mascota; non é un ambiente adecuado.
  • Evite que ladre ou miañe sen motivo. A moitas persoas, estes ruídos resúltanlles molestos.
  • Non regale cachorros impulsivamente. E se se trata dunha mascota para un neno, hai que pedir permiso previamente ós pais.
  • Non compre un animal sen pensalo cando menos dúas veces. A súa atención correcta require esforzos, tempo, dedicación e algúns cartos. Valóreo (todo xunto) antes de decidir.
  • Non o alimente con restos de comida. Os pensos preparados son unha alternativa moito mellor, aínda que saian máis caros.
  • Leve un rigoroso control de vacinación e atención veterinaria, se o seu animal o require.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto