Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Animais de compañía: cómo nos comportamos con eles: Os animais esixen coidados e atencións que non sempre lles damos

Os animais domésticos proporcionan compañía, devolven sobradamente o afecto que reciben, introducen en nenos e mozos os necesarios conceptos de rutina e responsabilidade

 Os animais póñennos en contacto directo cun ser vivo rico único e irrepetible en necesidades, apetencias, gracias e todo tipo de detalles. Ademais, con frecuencia, os animais domésticos inducen a pasear a persoas pouco predispostas a facelo, e mesmo poden constituírse en valiosa axuda para quen padece problemas psicolóxicos ou longas enfermidades. Transmiten un efecto tranquilizante e, segundo actuais investigacións, coa súa presencia producen en certas persoas unha diminución na presión arterial e no nivel de ansiedade.

"Son unha gozada" exclamaría convencido o neno ó que acaban de regala-lo ansiado e solicitadísimo cadelo, pero ¿como nos portamos coas nosas mascotas? ¿Alimentámolas e mantémolas adecuadamente, levámolas periodicamente ó veterinario, proporcionámoslles un espacio e un tempo suficiente para a súa diversión e relacións con outros animais da súa especie...? Mediante unha enquisa a nivel nacional a 626 persoas que posúen unha ou varias mascotas, CONSUMER achegouse ás actitudes e comportamentos dos que posúen animais de compañía, tanto nas grandes cidades (Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao) como en urbes medianas (Pamplona, A Coruña, Santander, Badaxoz, Xaén...), pequenas (Aranda de Duero, Calpe, Chipiona, ou Éibar), e en pequenas poboacións (como Agurain, Arévalo ou Carboneras) e mesmo en varios lugares de menos de 2.000 habitantes, como Quel (A Rioxa) ou Mayorga (Valladolid). Non é esta, a de ónde reside o propietario dun animal de compañía, unha cuestión intranscendente. Ó contrario: ó longo de toda a enquisa compróbase que, en xeral, nas grandes cidades os donos das mascotas son máis escrupulosos coa alimentación e co coidado sanitario dos animais, mentres que este esmero decrece conforme o fai o número de habitantes da localidade. Dous exemplos para esta aseveración: se, de media, só un 4% dos propietarios dun can carecen da cartilla sanitaria correspondente, esta proporción triplícase, chegando ó 12% nas poboacións de menos de 2.000 habitantes. E o segundo: se nas grandes cidades só o 27% dos enquisados dá frecuentemente ó seu can restos de comida (segundo os expertos, é mellor alimentalos exclusivamente con pensos), a proporción dispárase ata o 64% cando estes viven nunha poboación pequena.

O animal de compañía preferido segue sendo, sen dúbida, o can (posuíano o 56% dos enquisados), seguido dos paxaros (25%) e o gato (22%). Nas grandes cidades proliferan, respecto a núcleos urbanos máis pequenos (nos que case son inexistentes), tartarugas, hámsteres, cobaias e especies exóticas como a iguana e o esquío. O control sanitario que exerce sobre o animal o seu propietario difire moito segundo a mascota de que se trate e de ónde resida co seu dono (na cidade ou nun lugar pequeno). En concreto, os cans cóidanse moito mellor cós gatos: tan só o 4% dos donos de cans non posúen cartilla sanitaria do seu can, fronte ó 39% de propietarios de gatos que admiten non contar con esa cartilla. A proporción de gatos sen cartilla elévase ata o 67% nos lugares pequenos. Algo similar sucede coas vacinas. Entre quen posúe gatos, sete de cada dez vacínanos, pero en localidades con menos de 2.000 habitantes só tres de cada dez cumpren con esa medida preventiva tan recomendable. Os cans son vacinados maioritariamente: en máis do 90% dos casos, pero esta porcentaxe descende notablemente nas pequenas localidades.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto