Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

As votacións e os acordos nas Xuntas de propietarios

Teño algunhas dúbidas sobre as votacións da Xunta de propietarios, pois penso que a nova Lei de Propiedade Horizontal introduce novidades. As miñas preguntas son as seguintes: ¿As votacións realízanse por locais, vivendas ou por cotas de participación? ¿Pódese delega-lo voto? Nese caso, ¿cal é o procedemento? ¿É preciso estar ó corrente dos pagos para exercita-lo dereito ó voto? ¿Que porcentaxe se require para que unha proposta sexa aprobada?

Con respecto á primeira e á última pregunta, cada propietario, ben sexa de vivenda ou de local, contará con dereito a un voto na Xunta de propietarios. A maioría simple acadarase coa metade máis un, pero os votos persoais deben representar tamén unha maioría simple de cotas de participación. É dicir, rexe un sistema de dobre maioría: de votos e de cotas, polo que se ponderan dous elementos, un persoal e outro económico. Así, se un propietario posúe varias vivendas, só disporá dun voto en canto á formación da maioría de propietarios, pero computaranse tódalas cotas de participación dos seus distintos pisos para a formación do segundo tipo de maioría.

A lei tamén establece outros tipos de maioría, amais da maioría simple: a de 3/5 (de votos e cotas) para acordos sobre os servicios de ascensor, portería e similares, e a maioría simple (de propietarios e cotas) para supresión de barreiras arquitectónicas. En segunda convocatoria serán válidos os acordos adoptados pola maioría de asistentes, sempre que esta represente máis da metade das cotas dos presentes. A unanimidade só se esixe en decisións que modifiquen o título constitutivo ou os estatutos. Á hora de computa-los votos, considéranse votos a favor dos acordos adoptados os votos dos ausentes, sempre que unha vez notificadas as decisións non manifesten a súa discrepancia no prazo dun mes ó seu presidente ou secretario.

No tocante á segunda e terceira pregunta, conforme o artigo 15 da lei, a asistencia á Xunta será persoal ou por representación legal ou voluntaria, e bastará un escrito no que se indiquen o nome e o piso do propietario que delega o seu voto, o nome e apelidos do representante, data e sinatura. É dicir, que si se pode delega-lo voto mediante este sinxelo mecanismo de representación voluntaria. Tamén por representación legal. Os propietarios que no momento de se inicia-la Xunta non se atopen ó corrente do pago de tódalas súas débedas á comunidade e non as impugnasen ou procedesen á súa consignación xudicial ou notarial, poderán participar nas deliberacións, pero non terán dereito a voto. A acta da Xunta reflectirá quen son os propietarios privados de tal dereito, de xeito que nin a súa persoa nin a súa cota de participación será computada para o efecto de acada-las maiorías esixidas na lei.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto