Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai un tempo reclameille ó banco unha copia do contrato de financiamento que establecín coa entidade. Extraviei o contrato e agora preciso outra copia para unha demanda contra a empresa na que realicei a compra, que financiei a través do banco. Esta empresa, casualmente, xestiona préstamos a través desa entidade bancaria. A copia soliciteina hai meses, pero aínda non ma entregaron. ¿Hai algunha norma que lle obrigue ó banco a facilitarme o que lle pido?
Como nos queda a dúbida de se xa iniciou ou non o preito contra a empresa vendedora, propoñémoslle dúas formas de actuación, dependendo de que demandara ou non no xulgado á entidade bancaria.
No primeiro caso, podería obte-la copia do contrato propoñéndoo como proba documental ante o xulgado. Coméntello ó seu avogado para que o considere. Así, o propio xulgado requiriralle ó banco que achegue o contrato ó proceso xudicial. Se aínda non está en litixios perante os tribunais, suxerímoslle que siga os seguintes pasos: solicítelle persoalmente ó director da sucursal a copia do contrato mediante unha carta escrita (non esqueza consigna-la data). Leve unha copia da solicitude e pida que, no acto, lla devolvan selada. Ou, se o prefire, envíe a súa solicitude por medio de carta certificada con xustificante de recibimento. Indique que se nun prazo prudencial non lle contestan, presentaralle unha queixa escrita ó Defensor do Cliente. Diríxase ó Servicio de reclamacións do Banco de España por escrito, facendo constar: nome, apelidos, enderezo e DNI, denominación ou razón social da entidade reclamada e da oficina na que se produciron os feitos, os motivos da solicitude, facendo constar que os mesmos non son obxecto de reclamación xudicial, e a data na que presentou a queixa perante o defensor do cliente da entidade, xustificada documentalmente, sen esquecer lugar, data e sinatura.
Para fundamenta-las súas razóns, alegue a Orde do 12 de decembro de 1989 sobre información a clientes e publicidade das entidades de crédito, que no artigo sétimo di que cando o solicite o cliente, as entidades de crédito deberán facerlle entrega do correspondente exemplar do documento contractual. Cite tamén a norma sexta da Circular nº 8/1990 do 7 de setembro, que impón a entrega de documentos contractuais con carácter obrigatorio, sempre que o pida o cliente.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI