Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Productos frescos e seguridade alimentaria: Mercar, conservar e manipular alimentos no verán

As altas temperaturas dos meses estivais favorecen a proliferación de bacterias nos alimentos e, polo tanto, das sempre indesexables intoxicacións

Para evitar que os alimentos causen desagradables sorpresas, só debemos adquirir certos hábitos á hora de mercalos, conservalos e manipulalos. Lembre que:

  • Os xermes reprodúcense a unha velocidade vertixinosa: en doce horas, un xerme pode multiplicarse por 20 millóns. Por iso é preciso almacena-los alimentos perecedoiros en frigoríficos, vitrinas de refrixeración ou conxeladores, a non ser que vaian ser consumidos inmediatamente.
  • A correcta manipulación dos alimentos resulta fundamental. Debémonos esmerar na hixiene persoal: lava-las mans despois de ir ó servicio, mante-lo pelo, as unllas e a roupa limpa... A pulcritude dos locais onde se preparan os alimentos é tamén imprescindible, sen esquecérmo-los aparellos de cociña, que debemos limpar con auga e xabón.
  • Os insectos, coma moscas e mosquitos, que proliferan coa calor, son transmisores de xermes. Cubra con papel transparente ou de aluminio os alimentos.

Ovos

  • Mérqueos coa casca e membrana intacta e limpa. Se indican a data de envasado e de caducidade, moito mellor.
  • Gárdeos nun lugar fresco e, se a temperatura é elevada, non dubide en metelos no frigorífico.
  • Calle ben as tortillas e non as deixe repousar no mesmo prato no que bateu os ovos.
  • Os preparados a base de ovos que non se someten á acción da calor (cremas, maionesas, batidos...) son perigosos se despois de feitos se deixan a temperatura ambiente.
  • Se prepara a maionesa na casa, elabore só a cantidade que precise. Non garde os restos, nin sequera na neveira.

Verduras e froitas

  • Vixíe a temperatura e a humidade á que se atopan e poña atención na súa manipulación. Láveas con coidado antes de consumilas. Se vai inxeri-las verduras crúas, mantéñaas uns minutos na auga cunhas pingas de lixivia de uso alimentario e acláreas despois con abundante auga.
  • Consúmaas antes de que transcorra unha semana desde a súa compra, para aproveita-las súas calidades nutritivas. En frío mantéñense mellor as vitaminas, especialmente a C.
  • Os vexetais e verduras para ensalada deben ter unha cor verde brillante, sen bordos castaños nin follas podres. Non merque froita con balor, pode afecta-las demais pezas.
  • As froitas de baga (amorodos, framboesas e arandos) vencen rapidamente. Consúmaas canto antes. Elixa as de cor intensa.

Peixe

  • Comprobe que ofrece un aspecto brillante, que a carne está firme e ben adherida á pel e á espiña central. As escamas non deben estar soltas e as galadas deben posuír un ton vermello ou rosado. -Mérqueo moi fresco. Non adquira peixe cun cheiro forte.
  • Se o vai conxelar, fágao canto antes, xa que se descompón facilmente.
  • Envolva cada tipo de peixe por separado. Non o conxele en contacto directo co xeo. Envólvao, se non, perde nutrientes (que pasan ó xeo) e sabor.
  • O peor inimigo do peixe fresco é a temperatura elevada. A súa vida útil non supera os dous ou tres días mesmo no frigorífico.

Marisco

  •  Debe ser firme ó tacto, de cor branca ou colorada, pesado e con cheiro a mar. Os cheiros fortes ou desagradables son indicio de deterioro.
  • Non consuma marisco cru. O cheiro a amoníaco é un indicio claro de que o marisco non é apto para o seu consumo.
  • Podendo ser, merque o marisco vivo. Unha vez morto, hai que cocelo nas 24 horas seguintes.
  • Asegure unha correcta cocción: un minuto de ebulición por cada cen gramos de marisco. Consúmao antes de dous ou tres días.
  • Desconfíe dos moluscos que non leven etiqueta de depuración.

Carne e aves

  • A carne fresca é encarnada, con aspecto sedoso avermellado, e non castaño. Comprobe que a graxa sexa branca, non amarelada.
  • Hai que preserva-la carne das altas temperaturas e a humidade. Consérvea no refrixerador.
  • As aves de curral deben ser flexibles, o seu esterno suave ó tacto e o peito gordecho e de cor clara. As aves frescas resisten mal a luz e as altas temperaturas. Non deixe que transcorran máis de seis días sen preparalas no caso de pezas enteiras e cinco días se se trata de peitugas, coxas... Consérveas no frigorífico.

Outros...

  • Se toma xeados, evite que se desconxelen e mantéñaos ata o momento do seu consumo no conxelador.
  • Os productos lácteos, unha vez abertos, débense gardar no frigorífico e consumir rapidamente. Conserve os queixos frescos no refrixerador, evitando cambios bruscos de temperatura. A temperatura ambiente acurta considerablemente a súa vida.
  • Garde os aperitivos (olivas, ceboliñas, cogombros novos...) nun lugar fresco e seco, protexidos da humidade e da luz.
  • Protexa os embutidos da humidade e dos cambios bruscos de temperatura.

Relacións deste contido

Tamén che interesa

E ademais...

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto