Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Un verán de contemplación: Redescubri-lo que nos rodea, tarefa pracenteira e saudable

Ante tantas decisións que ás veces hai que tomar, case todos nós devecemos por que cheguen as vacacións

 Dende estas páxinas imos propoñer algo diferente: dedicar unhas poucas horas dalgúns días de vacacións á contemplación. A palabra sóanos, de entrada, pouco atractiva e mesmo contradictoria co noso modus vivendi: asociámola a non facer nada, a estar en Babia ou á vida espiritual e ensimesmada dos monxes.

O diccionario define contemplar como "aplica-la mente a un obxecto material ou espiritual con atención e particular afecto". A proposta é a seguinte: realizar exercicios de recuperación do equilibrio emocional aproveitando estas vacacións. Vivimos de présa, e moi preocupados por traballar con eficacia e bos resultados para deste xeito progresar economicamente ou, cando menos, obter uns ingresos que nos permitan cubri-los nosos gastos e descansar, para á súa vez poder seguir traballando. É un círculo vicioso e vertixinoso, e a sociedade na que vivimos móvenos a cobizar constantemente o que non temos, e a fixa-lo desexo coma o gran motivo (ás veces inconsciente) das nosas existencias.

Esa distancia entre o que posuímos e o que ansiamos crea unha tensión que pode xerar frustración, a orixe da insatisfacción permanente e de certas neuroses que minan o noso benestar emocional. Circular a esa velocidade vital é perigoso para o noso equilibrio persoal, porque a penas habilitamos tempo para o que nos depara satisfacción profunda (ese paseo, esa conversa relaxada, esa reflexión a fondo e sen présas, ese deixar pasar docemente o tempo mirando ó horizonte, ...), para a degustación e o gozo do que posuímos, do que non custa cartos nin esforzo, porque xa está aí: os obxectos, as paisaxes e os seres humanos que nos rodean.

Pero o pernicioso é que as cousas que acadamos, lamentablemente, ás veces deixan de interesarnos a medida que as posuímos, porque pasan a ser obxectos coleccionados, devorámolos ou arrecunchámolos sen gozalos na súa plenitude. E o peor é que en moitos casos mantémo-la mesma actitude coas persoas: o costume e a rutina fan que os seres queridos perdan a capacidade de estimularnos, de sorprendernos, e pasen a ser case un elemento inerte máis de todo o que nos rodea. E só percibímo-la importancia dos nosos familiares e amigos cando nos faltan. Nisto non cambiamos, por moito que transcorran os anos.

A contemplación, un pracenteiro freo

Este desatino da velocidade vertixinosa que algúns imprimimos ás nosas vidas pode ter un contrapunto cando sexamos capaces de frear a tempo, de parar para contemplar. E as vacacións constitúen unha grande oportunidade para adestrarse nesta saudable práctica. Contemplar é redescubrir cousas e persoas coma se fose a primeira vez que as vemos e as sentimos, decatarse do mundo exterior, entrar en contacto sensorial profundo con obxectos e seres, aquí e agora: o que vexo, oio, toco, ulo, apalpo, saboreo...

Pero tamén podemos aplica-la contemplación ó mundo interior. O que sinto debaixo da miña pel, as tensións musculares, os movementos, as manifestacións físicas dos sentimentos e as emocións, as sensacións de molestia ou agrado... Aproveita-las vacacións para redescubri-la vida é a mellor forma de recuperar tanto tempo perdido nesa viaxe de tensións e esforzos rutineiros que non nos leva a ningures. Porque a felicidade e o equilibrio persoal están dentro de nós, e imos traballar por descubrilos e alimentalos, coa axuda de todo o que nos rodea: as paisaxes, os obxectos, os animais e, por suposto, o principal: as persoas.

Estratexias para a contemplación

Vexamos algúns sinxelos exercicios para practicar estas vacacións a contemplación, como elemento necesario para o equilibrio emocional e a saúde mental.

  • Escoita-lo propio corpo. Comece por deitarse no chan, ó aire libre ou na casa. Unha boa postura é deitarse de costas coas pernas encollidas ata que os pés se apoien horizontalmente no chan e os xeonllos se apoien lixeiramente entre si. Peche os ollos e contacte co seu corpo...¿Está a gusto? Vexa se pode poñerse aínda máis cómodo, cambiando de posición... Agora tome conciencia da súa respiración... Perciba tódolos detalles da súa respiración... Sinta cómo o aire se move a través do seu nariz e da súa boca... e gorxa abaixo, e dentro dos seus pulmóns. Note agora como hai pensamentos e imaxes que interfiren, e se cruzan coas sensacións físicas da súa respiración... Preste agora atención ó seu corpo. ¿De que partes del somos conscientes? ¿E de cales o somos menos? Un movemento, un sentimento, unha imaxe, poden desenvolverse a partir daquilo no que está enfocando a súa atención. Permita ese cambio sen interferilo. Deixe ó seu corpo face-lo que queira e permita que suceda o que queira suceder. Continúe cinco ou dez minutos e fíxese en qué ocorre a partir deste enfoque da súa atención.
  • Escoite o que nos rodea. Mire ó seu redor e decátese de todo o que o rodea. Contacte con cada cousa e permita que cada unha lle fale de si mesma e da súa relación con vostede. Colla uns minutos para permitir que as cousas do seu contorno lle falen. Atenda estas mensaxes. Poderá darse conta do efecto que lle producen esas cousas sen que vostede se decatase antes diso. E face-lo seu ambiente máis cómodo e amable. Os obxectos persoais, a roupa, os mobles, as paisaxes urbanas habituais esperan que os redescubramos e contemplemos. E a que valoremos toda a capacidade de significación que tiveron para nós e para outras persoas.
  • Redescubri-las persoas. Contando coa súa aprobación, pare fronte a alguén moi achegado e mire a súa face durante uns minutos, tratando de percibir en toda a súa integridade física esa persoa. Déase conta das súas faccións, formas, pel e textura, ollos, boca, pelo, xestos, ... Pregunte para si qué sabe realmente desa persoa. Se a coñece ou se sinxelamente cre que a coñece. Se sabe as súas preferencias, os seus pensamentos, as súas habilidades, as súas virtudes, os seus defectos. Rebobine e, botando unha ollada nos recordos, rememore cómo apareceu na súa vida, e de qué maneira ese encontro puido incidir na súa forma de ser e na súa vida. Pense qué querería dicirlle se esta fose a derradeira oportunidade de facelo. Valore se paga a pena deixar para outro momento, que se cadra non chega nunca, esas importantes cuestións que algún día debería comunicarlle.

Relacións deste contido

Tamén che interesa

E ademais...

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto