Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Deporte de aventura: 93 empresas e 11 especialidades deportivas, a exame: Moito que mellorar en comodidade e abondo en seguridade

Mochila ó lombo, moitas xeracións de afeccionados ó deporte inmerso na natureza internáronse nas montañas e grupos excursionistas practicaron o sendeirismo ou trekking en tódalas épocas

 O esquí, o alpinismo, a hípica, a bicicleta e a vela foron posteriores á camiñada. Agora, a estas actividades, xa convertidas en tradicionais, sumáronse outras que teñen como fundamento goza-lo máximo nun breve espacio de tempo co aliciente do risco, da superación do medo que espertan estas actividades. Descenso de ríos ou canóns, parapente, ala delta, pontismo ou rafting, por só citar algúns, incorporáronse á lista de novos deportes e cada ano son máis os afeccionados que se achegan a eles, case sempre da man dunha empresa especializada que ofrece a súa experiencia e os seus monitores.

CONSUMER fixo unha sondaxe para ver en qué condicións se practican estas novas modalidades deportivas, ata qué punto se controlan os factores de risco, e a profesionalidade destas empresas, que operan nun sector que só ten trece anos de existencia. En concreto, estudiáronse 93 empresas que ofrecen en todo o país a posibilidade de practicar submarinismo, parapente, ala delta, caída libre, escalada, descenso de barrancos, piragüismo, rafting, hidrospeed (baixar ríos bravos cunha zorra acuática de plástico), flysurf (paracaidismo con táboa) e pontismo. Un día de ala delta pode custar ata 15.000 pesetas e unha xornada de rafting sae entre 3.500 e 8.000 pesetas. O verán é, como se sabe, a época do ano máis habitual para practicar estas modalidades deportivas.

A valoración media das 93 empresas, en función das medidas de seguridade que adoptan e da calidade das prestacións e servicios que ofrecen, é dun simple aprobado. E máis da metade delas recoñecen non lles ofreceren relación contractual ningunha ós seus clientes, requisito que algunhas comunidades autónomas están comezando a esixir. Se se comparan unha a unha e globalmente (seguridade e calidade do servicio) as 93 empresas de deporte na natureza analizadas, o 26% suspende e un amplo 30% queda nun mediocre aprobado. Como boas pódense cualificar un 30%, mentres que soamente un 12% das empresas acada o notable. Información sobre a Ficha Técnica do estudio e a metodoloxía empregada en: www.consumer-revista.com.

A práctica destes deportes de aventura parece vinculada á volta do ser humano cara ó mundo natural, pero hai outro elemento engadido: a necesidade de "queimar adrenalina" nunha sociedade que vive con moita tensión nas grandes urbes. Tamén inflúen as imaxes que difunden os medios de comunicación, tanto de xestas de deportistas de elite coma doutras iniciativas aventureiras, nas que superar obstáculos é a principal motivación.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto