Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tarxetas de crédito: Unha indubidable comodidade, que lle supón un custo ó usuario

Volvéronse imprescindibles pola comodidade que ofrecen, pero estas vantaxes páganse mediante comisións

Tarxetas Revolving

  • Tarxeta compra Estrela. Tarxeta emitida por LA CAIXA (Mastercard ou Visa), orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. Sen cota anual, e cun límite de crédito entre 125.000 e 500.000 pesetas, págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. O cliente pode modifica-la devandita cota á súa conveniencia, pero a mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Tarxeta club KM Estrela. Tarxeta emitida por LA CAIXA (Mastercard), orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. É de uso universal, pero está concibida para domicilia-los gastos que xera o uso e mantemento do coche (seguro, revisión, reparacións...). Sen cota anual, e cun límite de crédito entre 125.000 e 500.000 pesetas, págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. O cliente pode modifica-la devandita cota á súa conveniencia, pero a mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Tarxeta club Vacacións Estrela. Tarxeta da marca American Express Crédito emitida por LA CAIXA e orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. Está concibida para financia-la compra de viaxes de lecer. Sen cota anual, e cun límite de crédito de 200.000 pesetas (ampliable ata 800.000 pta), págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. A súa principal característica é a devolución do 2% de tódalas compras realizadas coa tarxeta, que se aboa automaticamente en cada extracto de liquidación. A cota mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Maxitarxeta. Tarxeta de crédito 'revolving' de CAJA MADRID. Gratuíta o primeiro ano. Os seguintes anos págase unha cota anual de 3.000 pta se se domicilia en CAJA MADRID, e de 6.000 pta se se domicilia noutra Entidade. O tipo de xuro polo aprazamento do pagamento é do 0,99% mensual. A cota fixa determínaa o cliente, que a pode cambiar en calquera momento, sendo a cota mínima permitida do 4% sobre o crédito asignado. O límite de crédito pode oscilar entre as 200.000 e as 500.000 pesetas. Tamén é posible dispor de diñeiro en efectivo, cun límite diario de 50.000 pesetas.

Outras...

Tarxeta OLÉ

Tarxeta emitida polo Banco Zaragozano, coas mesmas vantaxes de calquera tarxeta Visa ou Mastercard.

Outras vantaxes:

  • Acceso on-line mediante login e password ós movementos da tarxeta.
  • Regalo de 2 puntos Olé por cada 100 pesetas que se gasten en calquera das tendas Olé.
  • Regalo de 1 punto Olé por cada 100 pesetas empregadas en calquera outra compra.
  • Compra gratuíta con puntos Olé a través de Internet nas tendas Olé.

Cota anual: 3.000 pta (gratuíta o primeiro ano) Xuro anual para pagamento aprazado: 22% para compras e disposicións. Comisión de disposición en efectivo: Nas oficinas e caixeiros do Banco Zaragozano: 2%, mínimo: 300 pta. Nas oficinas e caixeiros doutras Entidades: 4%, mínimo: 400 pta.

Visa Repsol

VISA REPSOL As Tarxetas Visa Repsol son obxecto dun acordo de colaboración asinado entre Repsol e o Grupo BBV, e Repsol e o Grupo "La Caixa". Pódese solicita-la gama completa de Tarxetas Visa: Classic, Oro e Electrón (esta última só de débito e para contas domiciliadas no BBV ou La Caixa).

Descontos: Tódalas compras realizadas coa Tarxeta Visa Repsol terán os seguintes descontos:

  • 1% en tódolos establecementos que non sexan Estacións de Servicio.
  • 2% en tódalas compras realizadas nas Estacións Repsol, Campsa e Petronor, e efectuadas a través do Terminal Punto de Venda Solred.
  • 0% nas compras en Estacións de Servicio distintas ás devanditas. O desconto será aboado mensualmente, descontándoo do importe total das compras realizadas.

Cota anual: O primeiro ano é gratuíta. Nos anos posteriores o custo de mantemento dependerá das condicións da Entidade Emisora.

Tipos de xuro: Establecidos pola Entidade Emisora das Tarxetas.

Consellos de utilización de tarxetas

  • Esixa a comprobación da súa identidade e sinatura cando pague as súas compras con tarxeta. Non a perda de vista e asegúrese de que lla devolven.
  • Conserve as copias dos xustificantes das transaccións e contraste os cargos reflectidos no extracto.
  • Memorice o seu número secreto. Non o anote na carteira na que leva a tarxeta, nin empregue como clave datos persoais facilmente deducibles (data de nacemento, matrícula do coche...).
  • Destrúa as tarxetas caducadas. Coas tesoiras.
  • Estea atento á data de caducidade, sobre todo antes de iniciar unha viaxe. Comprobe tamén o número de teléfono de asistencia da súa tarxeta no país ó que viaxa.
  • Denuncie inmediatamente a desaparición da súa tarxeta unha vez detectado o seu roubo ou perda. -Se recibe por correo unha tarxeta de crédito ou débito que non solicitou, devólvaa e comprobe se lle cobraron algunha comisión. En caso afirmativo, pode esixir unha indemnización por perdas e danos.
  • Se non está de acordo coas operacións que reflicte o extracto da súa tarxeta, pídalle á entidade emisora que lle achegue documentos acreditativos dos cargos e débedas. Non tire nunca os resgardos das operacións, así poderá cotexalos co extracto que lle remita o seu banco ou caixa.
  • Evite o uso de caixeiros pertencentes a unha rede distinta á da súa tarxeta. Aforrará a comisión por disposición en efectivo.
  • Se emprega a tarxeta de crédito na modalidade de pagamento aprazado, pagará xuros máis elevados.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto