Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tarxetas de crédito: Unha indubidable comodidade, que lle supón un custo ó usuario

Volvéronse imprescindibles pola comodidade que ofrecen, pero estas vantaxes páganse mediante comisións

  As tarxetas de crédito apareceron en España en 1971. Practicamente trinta anos máis tarde, a súa aceptación por parte dos usuarios é indubidable, así coma o cambio que provocaron na mentalidade dos cidadáns e nos seus hábitos de compra.

Durante 1999 os usuarios de tarxetas Visa realizaron en España unha media de 36,5 transaccións e gastaron 378.619 pesetas de media. No tocante ó reparto do mercado español de tarxetas, foi o seguinte: o 56% para Visa, o 23% para 6000/Maestro/Mastercard e o resto para 4B/Mastercard. Malia a súa indiscutible implantación, trátase dun producto financeiro que continúa a suscitar dúbidas no seu emprego. Non son poucos os usuarios que se queixan do cobro de comisións non previstas, da falta de información, dos problemas derivados do roubo ou perda dunha tarxeta...

CONSUMER analizou as tarxetas Visa e Mastercard, as de maior implantación no mercado español, estudiando as comisións que cobran diversos bancos e caixas. Ademais, respondemos ás dúbidas máis frecuentes dos usuarios.

Crédito ou débito

O uso do termo "tarxeta de crédito" para designar tódalas tarxetas electrónicas é incorrecto. As tarxetas clasifícanse, basicamente, en tarxetas de crédito e tarxetas de débito. Coa primeira, a de crédito, o usuario pode pagar e retirar diñeiro mesmo se a súa conta non dispón de fondos nese momento, xa que pospón o cobro ata o mes seguinte. Pola contra, a de débito anota inmediatamente na conta do usuario os cargos que se realizan, en principio ata o límite dos fondos da devandita conta. As máis espalladas en España son a tarxeta Visa e a Mastercard. As posibilidades que as tarxetas de crédito lles ofrecen ós seus titulares son múltiples, pero a comodidade que proporcionan págase mediante comisións: polo seu uso en caixeiros debemos aboar un 2% da cantidade extraída se se trata dun caixeiro da mesma rede, e ata un 4% noutras redes. Tamén a modalidade de pagamento aprazado, que lle permite ó usuario paga-los bens e servicios en sucesivas cotas mensuais, lle suporá un xuro que variará entre o 0,7% e o 1,75%, dependendo da entidade financeira.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto