Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cremas solares de índice de protección 8: Só unha de cada catro ofrece, segundo a proba realizada, a protección anunciada.

Desde hai unhas décadas, e debido a unha moda estética que semella eterna, quen no verán desexa transmitir unha imaxe saudable e gozar dun aspecto atractivo debe lucir un bo bronceado

En síntese

  • Analizáronse oito cremas solares que declaran un factor 8 de índice de protección e custan entre 3.750 pesetas por litro (Zeozon) e 9.800 pesetas por litro (Isdin). Sometéronse a dúas probas: na primeira, determinouse cun método estandarizado o índice medio de protección de cada unha; na segunda, unha mostra de usuarios opinou sobre as características destas cremas, como a facilidade de aplicación ou a rapidez de penetración na pel.
  • Só Piz Buin e Johnson's ofrecen (segundo o ensaio realizado, que, malia a se-lo máis recoñecido internacionalmente, proporciona valores medios só aproximados) a protección anunciada. Delial, Nivea e Nenuco andan arredor do 6, e Chen Yu, Zeozon e Isdin non chegan nin sequera ó 5,5 de protección. O prezo pouco ou nada ten que ver co índice de protección medio que deparou esta proba.
  • Na mostra de usuarios, Delial destacou no aroma, Johnson's, Chen Yu e Nivea son as máis consistentes, e Nivea a de máis rápida absorción e doada aplicación. As que deixaron a pel máis suave foron Delial, Chen Yu e Johnson's. Nestas probas de uso, agás Piz Buin (só correcta), as cremas foron valoradas coma satisfactorias. A mellor relación calidade-prezo é Johnson's.
  • Os dermatólogos aconsellan cremas cun factor de protección solar igual ou superior ó 15, e aumentalo conforme a pel sexa máis clara. Cómpre que sexan resistentes ou impermeables á auga e que teñan un espectro total, que protexa fronte ás radiacións ultravioletas A (UVA) e B (UVB).

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto