Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O Servicio de Augas, responsable da inundación dun local

Os inquilinos dun local demandaron á comunidade de propietarios, ó Servicio Municipal de Augas e ás súas correspondentes aseguradoras, e reclamaron 20,5 millóns de pesetas polos danos causados pola inundación do seu local. Segundo quedou acreditado no xuízo, a auga caía desde un burato do teito, sen que os bombeiros puidesen pecha-la chave xeral do exterior ó estar avariada de xeito que o nivel da auga chegou a alcanzar 40 centímetros de altura ata que se cortou. Para a Audiencia Provincial de Asturias, en sentencia do 5 de xullo de 1999, a avaría produciuse no interior do inmoble, no empalme e nas proximidades dos contadores, pola rotura dunha peza previa á chave de paso. En canto á normativa a aplicar, o Regulamento Municipal de Oviedo dispón que as avarías producidas no aludido empalme interno corresponden ós propietarios, polo tanto sería a comunidade de propietarios a responsable dos danos. Sen embargo, a normativa básica estatal de 1975, non trasposta nin desprazada pola normativa autonómica ata a data, asígnalle ó subministrador, é dicir, á entidade concesionaria do servicio de augas, as atribucións para instala-lo empalme, entre a que se inclúe a chave de paso.

Partindo desas premisas, para a Audiencia Provincial é evidente que a desconexión entre a normativa oficial e a local fai máis gravosa a responsabilidade do cidadán, máis aínda se se ten en conta que unha comunidade non pode instalar libremente a acometida nin manipula-la instalación xeral, so risco de incorrer en sanción administrativa. E todo iso segundo o referido regulamento local que, ademais, cualifica as acometidas como ben de servicio público e esixe ó abonado que se absteña de intervir sobre as instalacións da auga. E ante o abusivo de tal regulamentación (considéraa contraria ó artigo 10 de Lei Xeral de Defensa do Consumidor e Usuario), a Sala conclúe que esa normativa debe ser inaplicada en virtude da Lei Orgánica do poder Xudicial. E deste xeito, absolve á comunidade de propietarios e á súa aseguradora, e condena ó Servicio Municipal e á súa compañía de seguros a indemniza-los demandantes coa cantidade solicitada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto