Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Reclamou a pensión de viuvez da súa esposa falecida

Desde xaneiro de 1991, unha muller viúva percibía unha pensión da Seguridade Social polo falecemento do seu home. En abril de 1998 e con cincuenta e oito anos de idade, volve casar, e falece dous días despois. O seu segundo esposo, en calidade de herdeiro da súa muller, reclámalle á Seguridade Social dous millóns e medio de pesetas coas que esta ía ser indemnizada en razón do artigo 11-a da Orde Ministerial do 13 de febreiro de 1967. Segundo esta Orde, a pensión de viuvez extínguese por contraer novas nupcias ou tomar estado relixioso.

En ámbolos dous casos, e sempre que o cambio de estado sexa antes de face-los sesenta anos, o titular da pensión de viuvez terá dereito a percibir, por unha soa vez, unha cantidade igual ó importe de vintecatro mensualidades da pensión que viñese percibindo. E esta era a cantidade que reclamaba o esposo viúvo. Presentada a reclamación ante o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, este di en sentencia de 1999, que se trata dunha indemnización compensatoria pola extinción do dereito á pensión de viuvez, dereito que adquiriu a falecida o día da súa voda. Este dereito, continúa o Tribunal Superior, non é de carácter persoalísimo, senón económico e, polo tanto, transmítese por herdanza, e pode exerce-los seus dereitos, neste caso, o seu segundo esposo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto