Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Por acordo do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial impúxoselle a un maxistrado dun xulgado de Familia a sanción de multa de duascentas mil pesetas, como autor dunha falta grave polo atraso inxustificado na tramitación e resolución de tres procedementos de familia: demanda de separación, de divorcio e de modificación de medidas. Detalla o Tribunal Supremo, en sentencia do 24 de novembro de 1999, que o procedemento de separación se iniciou en marzo de 1989 e quedou concluso para sentencia en outubro de 1989 sen que se dictase sentencia ata transcorridos seis anos.
O procedemento de divorcio iniciouse en maio de 1992, para xaneiro de 1993 estaban os autos conclusos para sentencia, e recaeu sentencia case dous anos e medio despois. Por último, o procedemento de modificación de medidas: a sentencia dictouse transcorridos case tres anos desde que quedou visto para sentencia. Para o Supremo, concorre un atraso non xustificado na tramitación destes tres procesos, o que afectou en extremos de transcendental importancia a relacións persoais e familiares e a situacións económicas dos cónxuxes, con graves efectos sobre os fillos menores de idade.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI