Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Un verán moi saudable: Sol e mar, con precaución

O sol estimula a circulación, eleva a taxa de calcio, favorece a formación de vitamina D, equilibra o sistema nervioso e mesmo parece que combate o cansazo, a depresión e o estrés

 Na praia, os seus efectos positivos vense potenciados co valor terapéutico da auga de mar. Sen embargo, a valiosa acción do sol e da auga pode verse enturbada se non adoptámo-las debidas precaucións.

  • Comece a toma-lo sol de xeito gradual. Durante os primeiros días non se expoña máis de 20 minutos. Despois, aumente de forma progresiva o tempo de exposición.
  • Na montaña, debido á altitude, os raios están menos filtrados e alcanzan a pel con maior potencia. Na praia, a auga e a area amplifican a luz solar. Non baixe a garda os días neboentos, xa que os raios poden traspasa-las nubes.
  • As mellores horas para se broncear sen perigo de queimaduras: as primeiras da mañá e as últimas da tarde. Evite as exposicións ó sol entre as 12 e as 16 horas.
  • Se está tomando medicamentos, consulte o seu médico. Algúns fármacos, en combinación coa acción solar, provocan reaccións na pel. Baixo o sol non use perfumes, fragrancias ou desodorizantes elaborados con alcohol.
  • Aplíquese o bronceador media hora antes de se expor ó sol para dar tempo a que os seus principios activos comecen a funcionar a nivel celular. Repita a operación cada media hora e tras cada baño. Utilice cremas con maior índice de protección nas zonas sensibles: rostro, nariz, labios. E extreme a protección se practica deportes ó aire libre.
  • Preste atención ás peles sensibles, infantís, maduras, de embarazadas e de anciáns, e protéxaas con máis coidado e menor exposición ó sol.
  • A aparición de herpes labiais aumenta no verán, por falta de protección solar. Utilice barras de labio con filtro solar.
  • Protexa os ollos e o seu contorno con lentes de sol de cristais polarizados.
  • Despois do baño de sol, auga de mar ou piscina, dúchese con auga fresca e doce, para elimina-lo salitre ou o cloro que danan a pel. Trala ducha, aplíquese unha crema hidratante ou unha loción after-sun, que proporciona á súa pel a humidade perdida polo efecto do sol.

Un cabelo bonito...

  • Protexa a súa cabeza cun gorro para evitar que o seu cabelo se reseque e cambie de tonalidade. Se o prefire, aplíquese unha máscara ou un xel con filtro solar.
  • Despois da exposición ó sol, lave o seu cabelo cun xampú de calidade.
  • Utilice productos de acabado con filtro solar, mesmo pola tarde. Aínda que o sol é máis débil, tamén pode dana-lo seu pelo.

Uns pés sans...

  • Evite o contaxio de fungos, papilomas e pé de atleta, entre outras infeccións dos pés, utilizando chancletas ou zapatillas de goma en piscinas e duchas (tamén na praia).
  • Utilice, durante os días de máis calor, calzado que permita a transpiración e, a ser posible, de pel ou de tea, e uns calcetíns de algodón ou la. Nunca comparta toallas ou calzado.
  • Trate de secar moi ben os pés, especialmente os espacios interdixitais, para evita-la humidade, xa que a pel neste estado é máis branda e facilita que os fungos penetren nela.

Os nenos, máis sensibles...

  • Non expoña ó sol a nenos menores dun ano, xa que a súa pel inmatura a penas posúe defensas. Procure que, os nenos en xeral, non se expoñan ós raios solares entre as 12 e as 16 horas.
  • Aplíquelles unha crema solar específica para nenos (índice de protección, 15, cando menos) media hora antes de expolos ó sol; e despois, cada media hora. Non esqueza darlles crema, aínda que estean baixo a antuca. Vixíe as radiacións solares que se reflicten sobre as superficies que rodean o neno, poderían sufrir unha insolación.
  • Póñalles un sombreiro ou unha gorra e lentes de sol con cristais anti- UVA e vístaos cunha camiseta de algodón seca, xa que se está mollada perderá poder filtrante dos raios solares.
  • Asegúrese de que beben auga frecuentemente. Os nenos regulan mal a súa temperatura e deshidrátanse con facilidade.

Relacións deste contido

Tamén che interesa

E ademais...

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto