Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Andar en bicicleta ou practica-lo ciclismo é un deporte moi popular, ademais dun medio de transporte san e agradable
A bicicleta respecta o medio natural, algo fundamental nas cidades, cada vez máis castigadas polos vehículos de motor. Circular en bicicleta tamén proporciona beneficios á saúde, tanto ó sistema cardiovascular, se se pedalea ó ritmo axeitado, como ás extremidades inferiores, xa que desenvolve a musculatura. A ausencia de choques repetidos durante a pedalada, o descanso das pernas, que non soportan o peso do corpo (faino a sela), e a posición das cadeiras, flexionadas ou semiflexionadas, converten a práctica ciclista en aconsellable para obesos e persoas con problemas de artrose nas pernas. O seu inconveniente principal radica na posibilidade de accidentes, sobre todo en estradas moi frecuentadas por vehículos a motor. Así, os falecementos de ciclistas por atropelo seguen sendo noticia e o seu número non parece diminuír.
As organizacións que defenden o uso da bicicleta lanzaron unha serie de propostas para consegui-lo modelo de cidade que resulte máis acorde co medio natural.
O transporte urbano, que, segundo estas teses, fomenta indirectamente (polas súas insuficientes liñas e horarios limitados) o uso do automóbil privado, leva consigo un alto estrago de enerxía e un notable impacto ambiental, e non garante, en contrapartida, un medio eficaz, rápido e seguro de transporte. Segundo Amics de la Bici, as persoas que se desprazan habitualmente en coche pola cidade supoñen o 20% dos usuarios da rúa, pero acaparan o 62% do espacio viario público e son responsables do 97% da contaminación atmosférica das grandes cidades. Os coches e motos son tamén a orixe da contaminación acústica, da conxestión crónica das rúas, do mal funcionamento dos transportes públicos (atrapados nos embotellamentos) e da perda de moitas vidas humanas.
En definitiva, segundo os defensores da bicicleta, os vehículos a motor son directamente responsables da deterioración da calidade de vida colectiva nas urbes. A pesar disto, a mellora da rede viaria acapara unha alta porcentaxe dos investimentos públicos. Desta maneira, segundo estas teses, estimulouse aínda máis o uso do coche privado e diminuíu o nivel de ocupación dos transportes públicos, aumentando o seu enorme déficit e hipotecando outras alternativas máis coherentes e eficaces. Polo tanto, propoñen que se reoriente a política de transporte e se aposte decididamente por un modelo baseado na reducción da mobilidade obrigada, na pacificación do tránsito, no transporte público económica e eficiente, e en medios de transporte non contaminantes: a circulación a pé e en bicicleta.
As organizacións defensoras do uso cotián da bicicleta propoñen, para conseguir unha cidade máis habitable para todos, as seguintes opcións:
Las asociaciones que promueven el uso de la bici en la ciudad lanzan unas propuestas para mejorar la seguridad del ciclista. Veámoslas:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI