Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
No momento en que unha menor ía saír dun ascensor, este comezou a subir e fíxoo coa porta aberta, enganchándoa por un pé, o que a levou a caer polo burato do ascensor. O Tribunal Supremo, en sentencia do 22 de decembro de 1999, considera responsable á empresa constructora e instaladora do ascensor, baseándose no artigo 1902 do Código Civil e entendendo que tal entidade debía empregar tódalas prevencións e coidados na construcción e instalación para impedir este feito. O Supremo, polo tanto, confirma a condena xa imposta polo xuíz e indemniza a demandante con 45 millóns de pesetas. Para o Tribunal Supremo, a mecánica do accidente, na que a menor se converteu nun obxecto a mercé da máquina, revelaba a defectuosa fabricación do ascensor e, sobre todo, da súa instalación. Non funcionaron correctamente os mecanismos de peche e de seguridade, xa que o ascensor nunca se debeu poñer en marcha coa porta aberta.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI