Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Na miña urbanización dispomos dunha piscina comunitaria que, na miña opinión, carece de instalacións elementais e de tódalas condicións de seguridade (non hai flotadores). A porta de entrada está sempre aberta, de xeito que poden accede-los nenos pequenos sós. A comunidade alega que, como a piscina é privada, non é preciso tomar ningunha clase de medidas de seguridade e hixiene. Prégolles que me asesoren sobre o mellor xeito de proceder.
Desde o 12 de xullo de 1961 as piscinas privadas que non sexan de carácter estrictamente familiar quedan suxeitas á Orde do 31 de maio de 1960 sobre piscinas públicas, principalmente no que se refire á seguridade das persoas e ó aspecto técnico-sanitario, así como ás normas de vixilancia e control sanitario do establecido na devandita orde. Segundo esta normativa, e no tocante ó persoal encargado da vixilancia e servicio, as piscinas deberán contar con persoal experto en natación e na práctica de exercicios de respiración artificial en casos de asfixia por inmersión. Polo que se refire ás normas de acceso, impediráselle-la entrada ós menores de catorce anos que vaian sós, así coma ós animais, e será obriga dos bañistas enxaboárense e duchárense antes de se mergullaren. Os bañistas terán ó seu dispor salvavidas nos catro ángulos de cada piscina e a unha distancia non maior de 50 metros. A inspección sanitaria será exercida pola Xefatura de Sanidade correspondente. Esta Orde tamén regula outros aspectos sobre as instalacións e materiais nas piscinas. No tocante ós pasos que hai que dar no caso que expón o lector, podería solicitarlle (por escrito) ó presidente da comunidade a convocatoria dunha Xunta para adopta-las medidas oportunas, para os efectos de cumpri-las normas de seguridade e hixiene dunha piscina colectiva. Se non se convoca a Xunta ou, unha vez reunida, non se adoptan os acordos pertinentes, pode presentarlle unha queixa por escrito ó presidente informándoo do seu desacordo, e presentar un escrito perante os servicios de Sanidade da súa provincia e do seu concello, para que pola vía administrativa se determine ou non a existencia de posibles infraccións. Isto podería levar a que Sanidade lle concedese un prazo á comunidade de propietarios para corrixi-los defectos das instalacións. Consonte o artigo 10.2 da Lei de Propiedade Horizontal, os donos de pisos xerais teñen que executa-lo máis rápido posible as ordes da autoridade competente, e os propietarios que se opoñan ou demoren inxustificadamente a execución das ordes dictadas pola autoridade responderán individualmente das sancións que se lles poidan impor en vía administrativa. É dicir, terán que axeita-la piscina ás esixencias da normativa legal.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI