Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Mercar unha vivenda, hoxe: Os créditos hipotecarios baratos son cousa do pasado

A adquisición dunha vivenda é o obxectivo prioritario e a decisión económica máis importante de millóns de persoas, xa que afectará notablemente á súa calidade de vida e ó seu peto durante dez, quince ou mesmo máis anos.

 Non obstante, os recursos económicos dos cidadáns interesados en adquirir vivenda veranse influídos de xeito moi desigual dependendo do lugar no que decidan facelo, xa que as diferencias no prezo dos pisos son enormes dunha cidade a outra. Sen irmos máis lonxe, o prezo medio do metro cadrado de vivenda nova (datos do ano pasado, os do 2000 non están aínda dispoñibles) en San Sebastián, Vitoria, Madrid e Barcelona supera as 250.000 pesetas, mentres que en cidades coma Badaxoz, Lugo e Cáceres non chega ás 120.000 pesetas.

O crecemento económico do noso país, co conseguinte aumento da demanda de pisos, a escaseza do solo urbanizable e, así mesmo, a falta de man de obra no sector da construcción influíron decisivamente en que o custo dos pisos aumente sen freo ningún e que continúe moi por riba das posibilidades razoables dun soldo medio. Porque, amais de paga-lo piso, hai que vivir: alimentarse, vestir, cria-los fillos, estudiar, divertirse...

Á hora de mercar unha vivenda, o seu importe, aínda que é esencial, é só unha das variables que hai que considerar. Para que a calidade do piso consiga satisface-las expectativas do usuario e para evitar problemas e desenganos cómpre sopesar tamén cuestións referentes á calidade da construcción, o asentamento da vivenda, a súa orientación, instalacións e servicios comúns...

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto