Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cómo le-las etiquetas dos alimentos: Información moi útil

As etiquetas dos alimentos envasados proporcionan unha información moi útil para o consumidor, xa que lle permite, amais de coñece-las principais características dos productos que toma, facerse unha idea aproximada da relación entre o prezo e a calidade dos alimentos

 Se o consumidor busca preferentemente unha alimentación económica, primará o factor prezo. Pero se o que quere é alimentarse seguindo as normas dunha dieta equilibrada e saudable, e facelo sen pagar por riba do preciso, será fundamental que lea detidamente as etiquetas. Asemade, tamén é interesante probar persoalmente os productos e informarse, mediante revistas de consumo, de características e prestacións non perceptibles polo consumidor e que non aparecen nas etiquetas.

De tódolos xeitos, hai que apreciar no que vale (moito) a información que nos proporcionan as etiquetas e cómpre fixármonos ben nelas, xa que constitúen o compromiso do fabricante diante do consumidor de que un artigo reúne as condicións que esixe a normativa vixente para esa familia de productos. A regra xeral é que a etiquetaxe debe ser clara e concisa e que nunca debe induci-lo consumidor a erro no que se refire a características, composición, natureza, calidades, cantidade, orixe ou modo de fabricación.

Nos productos alimenticios envasados hai dúas clases de información: a xeral (común a todos e obrigatoria) e a nutricional, opcional e que ofrecen só algúns deles. A xeral serve para coñece-las características esenciais do que un merca. A nutricional, que non é obrigatoria pero si moi conveniente, pon ó dispor do consumidor información sobre as características nutritivas do alimento: calorías que proporciona, os nutrientes que contén, a cantidade de fibra, vitaminas, sales minerais, etc.

¿Que datos deben figurar na etiqueta dos alimentos envasados?

  • Nome do producto, tal e como se denomina en España: non ten que ver coa presentación ou marca comercial, senón coa denominación. Por exemplo, non é o mesmo un iogur ca un preparado lácteo, ou un zume de froitas ca un néctar de froitas. Algúns alimentos teñen que incluír na etiqueta a calidade específica, variedade, categoría comercial (extra, primeira, segunda...) e o calibre. Nas froitas, verduras e hortalizas frescas, deberase indica-la súa orixe.
  • Lista de ingredientes: preséntanse por orde de importancia; o de máis peso é o que primeiro aparece. Aí sabémo-lo que mercamos. Poderase comprobar, por exemplo, que algúns queixos de leite de ovella usan tamén leite de vaca ou de cabra.
  • O grao alcohólico, para as bebidas cun grao superior ó 1,2%.
  • A cantidade neta nos productos envasados exprésase en peso para os alimentos sólidos e en volume para os líquidos.
    Data de caducidade, indica o día e o mes nos productos moi perecedoiros.
  • Data de consumo preferente, cunha das dúas seguintes lendas segundo cal sexa a duración do producto: "Consumir preferentemente antes de...", seguida do día e o mes se a duración do producto é entre 3 e 18 meses, ou "Consumir preferentemente antes de fin de...", seguida do ano para productos con duración superior ós 18 meses.

Á parte destes datos, que son os máis interesantes, na maioría dos casos tamén deben figurar outros, coma condicións especiais de conservación e de emprego, modo de emprego, identificación da empresa (nome, razón social, etc.), lote de fabricación ó que pertence o producto, e a súa orixe, se procede de países non membros da Unión Europea.

Paginación


Relacións deste contido

Neste artigo

Tamén che interesa

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto