Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Pizza romana e de atún: Masa, queixo e tomate constitúen case o 90%

Analizáronse un total de oito pizzas ultraconxeladas, correspondentes a dúas presentacións: pizzas de atún (conteñen tamén olivas) e pizzas romana, con champiñóns e xamón (ou friame de menor calidade). Elixíronse catro marcas, La Cocinera, Pescanova, Findus e Frudesa, e de cada unha delas estudiáronse mostras destes dous tipos de pizza.

Pizza romana e Pizza de atún

Findus

  • Sae a 816 pesetas o quilo.
  • É a máis barata e presenta a mellor relación calidade-prezo. Menor proporción de base (47%) có resto.
  • A de máis cantidade de ingredientes característicos (15%), sobre todo de champiñón.
  • Erro pouco importante de etiquetado: non inclúe a auga entre os seus ingredientes.
  • Na cata (5 puntos), destacan o sabor a tomate e especias. A súa aparencia non gustou moito.

La Cocinera

  • Sae a 969 pesetas o quilo.
  • A menor proporción (6%) de champiñóns e compoñente cárnica, os ingredientes característicos.
  • Na cata (6 puntos), a aparencia foi ben valorada, xa que os ingredientes aparecen nunha proporción equilibrada. Destacan o sabor da base e do tomate.
  • Textura firme e crocante.

Pescanova

  • Sae a 927 pesetas o quilo.
  • Proporción máxima de ingredientes característicos (20%), sobre todo de champiñón. Ten moita auga (58%), e é a de menos hidratos de carbono (22%).
  • Moita fibra insoluble (4,5%). A menos calórica (169 calorías cada 100 gramos).
  • Na cata (5 puntos), destaca o sabor da base, o queixo e o champiñón, pero ten pouco sabor a ourego.

Frudesa

  • Sae a 984 pesetas o quilo, a máis cara.
  • Boa cantidade de ingredientes característicos, entre os que destaca o xamón (única con xamón cocido, e non friame) fronte ós champiñóns. A máis graxa (10%) e calórica.
  • A única con graxa animal entre os seus ingredientes. Detectouse Listeria monocytogenes, microorganismo patóxeno, pero en cantidades mínimas polo que non supón ningún perigo para a saúde.
  • Na cata (6 puntos), destaca o sabor a queixo e a xamón, e non tanto o do champiñón. A súa textura, firme e crocante.

Findus

  • Sae a 816 pesetas o quilo. É a máis barata e a que presenta mellor relación calidade-prezo.
  • A menor proporción de masa e a maior de ingredientes (14%), entre os cales o atún ten un peso importante (10%).
  • Tamén é a menos calórica. En cata (5 puntos), destacan as notas de tomate e ourego.

La Cocinera

  • Sae a 969 pesetas o quilo.
  • É a única que contén xarda e atún, e olivas negras no canto de verdes. Elevada proporción de hidratos de carbono (31%) e moitas calorías (224 por cada 100 g).
  • En cata (5 puntos), sabor intenso a atún e tomate, pero pouco a ourego. Masa fina e crocante.

Pescanova

  • Sae a 927 pesetas o quilo.
  • Contido proteico importante (10%). Estado microbiolóxico correcto, pero mellorable.
  • Na cata (6 puntos), en aparencia destacaron o queixo e o atún. E o seu sabor era suave e equilibrado. Masa firme e crocante.

Frudesa

  • Sae a 984 pesetas o quilo, a máis cara.
  • A de maior proporción de masa (62%). A de ingredientes característicos é tamén importante (13%), e ofrece a máxima proporción de atún (11%).
  • Pouca humidade (47%) e moitos hidratos de carbono (29%), graxas (12%) e calorías. Única con graxa animal entre os seus ingredientes.
  • En cata (6 puntos), predomina o sabor da base, mentres que en conxunto o sabor é pouco intenso.

Paginación


Relacións deste contido

Neste artigo

Tamén che interesa


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto