Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Patacas frixidas envasadas: Saborosas pero moi calóricas

Analizáronse oito mostras de patacas frixidas envasadas, con distintos formatos: entre os 40 gramos de Los Leones, e os 250 gramos de Anizvi e Vicente Vidal. Os prezos tamén difiren notablemente.

As patacas máis baratas foron Anizvi, a 596 pesetas o quilo e as máis caras Los Leones, que saíron a 850 pesetas o quilo. Como se sabe, este aperitivo tan popular é moi sinxelo no tocante ós ingredientes: patacas, aceite ou graxas vexetais e sal.

En síntese

  • Analizáronse oito mostras de patacas frixidas envasadas, con formatos que varían entre os 40 gramos de Los Leones e os 250 gramos de Anizvi e Vicente Vidal. As máis baratas son Anizvi, a 596 pesetas o quilo, e as máis caras Los Leones, que custan 850 pesetas o quilo. Son productos ben elaborados, que respectan a norma (en sal e grao de humidade) e que se venden ben etiquetados. Tódalas mostras usan, tal e como declaran, aceites e graxas vexetais.
  • Resultan moi enerxéticas (máis de 500 calorías cada 100 gramos) e conteñen moita graxa (entre o 30% e o 40%) e sal (entre o 0,6% e o 1,7%). Convén consumilas con moderación, sobre todo as persoas obesas ou con hipertensión arterial.
  • A maioría das súas graxas son saudables (insaturadas e poliinsaturadas), pero en Crecs e Lay's a proporción de graxas saturadas (o seu consumo frecuente relaciónase cunha maior incidencia de problemas cardiovasculares) é elevada: supera o 40% da graxa total.
  • As patacas máis grandes son El Gallo Rojo e as máis pequenas Vicente Vidal. As máis enteiras, Los Leones e, as máis rotas, Lay's. No tocante ós defectos (manchas de queimado, restos de pel e manchas verdes ou negras), as de máis calidade son Crecs e, as peores, El Gallo Rojo.
  • En cata, Lay's (8 puntos) foi a mellor en todo: aparencia, textura e sabor. Só se lle achegou, con 6 puntos, Vicente Vidal. As demais (agás Anizvi, con 3 puntos), aprobado. Os defectos máis comúns: exceso de graxa e sabor pouco intenso ou insuficientemente salgado.
  • A mellor elección é Vicente Vidal. Son económicas (a 656 pesetas o quilo), boas na cata e figuran entre as máis saudables. Se se lles concede moita importancia ó sabor e á textura, a opción é Lay's. Pero son caras, as máis salgadas, e as que máis graxas saturadas conteñen.

Paginación


Relacións deste contido

Neste artigo

Tamén che interesa


Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto