Nabigatze-menua pasa eta edukietara joan
Auziek, nahiz eta antzekoak izan, epai ezberdinak izan ditzakete. Orri honek gure eremuko epaitegien epaiak jasotzen ditu, betiere, epai horiek mota guztietako produktu eta zerbitzuetako kontsumitzaile eta erabiltzaileengan eragina baitute. Antzekotasuna duten kasuen aurrean, frogak, inplikatutako aldeen egoera zehatzak eta baita auzitegiak berak ere epai ezberdinak eman ditzake.
Unha nai e un fillo morreron intoxicados na súa cociña polo monóxido de carbono que encheu o aire da estancia, como consecuencia da defectuosa unión da cambota do quentador co conducto de evacuación de gases. O esposo e pai das víctimas demandou a Repsol Butano S.A reclamando a súa responsabilidade civil e unha indemnización.
En primeira instancia, o Xulgado número 1 de Lizarra (Navarra) condenou a Repsol Butano a indemnizalo con oito millóns de pesetas polo falecemento da súa esposa e seis millóns polo do fillo. Repsol Butano presentou recurso ante o Tribunal Supremo porque consideraba que tamén se debía demandar á distribuidora de butano á que lle correspondía, en virtude dun contrato entre ámbalas entidades, a obriga de inspeccionar periodicamente as instalacións de gas. Pero o alto Tribunal determinou que a existencia dun vínculo de solidariedade entre os posibles responsables facía innecesario demandar ós dous. Decidiu o Supremo o 13 de novembro do 2000 que quedou probado que o accidente que lles custou a vida a dúas persoas tivo como causa a defectuosa unión da cambota do quentador ó conducto de evacuación de gases, o que favoreceu a saída do monóxido de carbono á cociña, e que a vixilancia e control do bo estado e funcionamento das instalacións lle correspondía a Repsol Butano, polo que confirmou a sentencia do Xulgado de Primeira Instancia.
Ekintza honek Bizkaiko Foru Aldundiaren Kultura Sailaren laguntza jaso du
EROSKI CONSUMERen oso serio hartzen dugu zure datuen pribatutasuna, lege oharra. © EROSKI Fundazioa