Saltar el menú de navegació i anar al contingut

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Cercador

logotipo de fundación

Canals de EROSKI CONSUMER


Estàs en la següent localització: Portada > Edició impresa > Actualitat i oci > Tema de portada

^

Grelladas: apostar ao negro, unha mala idea

Non chamuscar. É o primeiro mandamento que debe ter en conta quen se dispoña a cociñar nunha grella, nunha tixola ou nunha prancha. O bo tempo invita ás comidas ao aire libre, pero os alimentos moi queimados pásanlle factura ao organismo. O exceso de combustión pode xerar acrilamida e outras substancias tóxicas derivadas da exposición desmesurada a fontes de calor. Sobre todo no verán, moito coidado co lume.

 

As comidas ao aire libre teñen un encanto especial; sobre todo, cando hai lume polo medio. Desde o aroma que desprende un peixe á brasa e o colorido duns pementos asados ata o crepitar do lume cos mollos da carne ou cun chisco de sal, a grella dunha barbacoa é un estímulo candente para os sentidos. Por iso, e porque está moi asociada aos momentos de lecer, resulta tan difícil resistirse a ela. Pero que pasa co organismo? É sa a carne grellada? Diversos estudos sinalan que os alimentos que se cociñan a elevadas temperaturas poden xerar substancias tóxicas, como as aminas heterocíclicas ou a acrilamida.

Cociñar con lume e a elevadas temperaturas pode ser perigoso para a saúde, especialmente se os alimentos se chamuscan. A acrilamida é unha substancia química tóxica que se xera nos alimentos coa calor. O seu consumo pode aumentar o risco de padecer cancro e, por esta razón, preocupa ás autoridades sanitarias. O pasado lles de abril, de feito, entrou en vigor un regulamento europeo para reducir a presenza desta substancia nos alimentos.

Agora ben, que a acrilamida sexa a substancia máis coñecida non significa que sexa a única. Existen máis de 50 compostos químicos prexudiciais que se producen nos alimentos co exceso de calor, como demostrou o proxecto europeo Heatox, realizado por 24 universidades durante catro anos.

EUROPA APERTA AS PORCAS AOS FABRICANTES

O pasado 11 de abril entrou en vigor a nova normativa da Unión Europea relativa á acrilamida, que introduce prácticas obrigatorias e recomendacións para os produtores de alimentos preparados. A partir de agora, as firmas de patacas fritas, pan, cereais para o almorzo, bolaría ou café deberán aterse a novos valores máximos de referencia e tomar medidas para reformular a súa produción se estes se superan. Tamén terán que indicar no envase cal é o método recomendado para cociñar os seus produtos sen riscos, especificando o tempo ou temperatura de preparación. A pesar dos avances, as asociacións de consumidores consideran as medidas insuficientes, xa que superar os límites non obriga a retirar os produtos do mercado.

Paginació


Altres serveis


Buscar en

Informació de Copyright i avís legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

EROSKI CONSUMER ens prenem molt seriosament la privadesa de les teves dades, avís legal. © Fundació EROSKI

Fundació EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto