Saltar el menú de navegació i anar al contingut

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Butlletins
    •  | Baixa  | Més opcions |
  • Portades anteriors

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Cercador

logotipo de fundación

Canals de EROSKI CONSUMER


Estàs en la següent localització: Portada > Edició impresa > Alimentació

Λ

Guía de compra: sal: Sal, o condimento en cuestión

Prexudicial en exceso, malia que necesario para moitas funcións fisiolóxicas, o máis recomendable é o sal iodado e o hiposódico

  Alegrar a comida a golpe de saleiro é un xesto tan cotián e popular coma o de beliscar o pan antes de comezar a comer. Nin pementa, nin especias, nin herbas aromáticas. O sal é o condimento estrela no noso país. Un chisco para aliñar a ensalada, outro para potenciar o sabor dun guiso, un máis para resaltar o gusto dun filete, o que vén de seu no embutido e no aperitivo de patacas... E así ata chegar aos preto de 10 gramos de sal que, segundo un estudo da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), consomen de media cada día os españois, o dobre dos cinco gramos recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Pero é que a veneración do home polo sal vén de lonxe e a súa importancia ao longo da historia quedou mesmo reflectida na nosa linguaxe. Usamos de forma metafórica o sal nas nosas expresións cando dicimos, por exemplo, que unha persoa é eslamiada, se lle falta algo que consideramos esencial; cando alguén está moído coma o sal queremos dicir que está moi canso ou se unha persoa está moi nerviosa dicimos dela que ten a area de sal. A palabra salario, pola súa banda, provén da antiga Roma, cando os soldados e os oficiais cobraban con sal no canto de con diñeiro. Algo non exclusivo dos romanos, xa que en moitas culturas o sal foi equivalente ao diñeiro. E é que hoxe en día o sal é un condimento ao alcance de calquera (e cun prezo máis ca democrático), pero non sempre foi así. De feito, os seres humanos realizaron grandes esforzos para adquirilo. E o seu poder radicaba na súa capacidade de conservar alimentos perecedoiros, como a carne, o peixe ou o leite (para elaborar queixo), o que permitía almacenar comida durante moito tempo e garantir unha achega suficiente de enerxía e nutrientes ao longo de todo o ano.

A situación na actualidade resulta curiosa, xa que mentres as autoridades deseñan estratexias de saúde pública co obxectivo de diminuír o consumo diario de sodio (compoñente esencial do sal) polas consecuencias que supón o exceso deste mineral na nosa dieta, o mercado seduce o consumidor cunha ampla variedade de sales. Nestes momentos, a elección non se reduce ao sal fino ou groso, senón que hai tamén sal do Himalaia, sal Maldon, flor de sal, sal da Bretaña, sal afumado, sal negro, sal escamado, sal de herbas, e un longo etcétera de termos para nomear o vello e coñecido cloruro sódico, o sal de mesa común. E, para non se perder neste mar de termos coas súas distintas propiedades e usos recomendados, nace esta Guía de compra.

Cuestionado, pero necesario

  Quen máis e quen menos coñece a teoría de que o exceso de sal continuado na dieta non é inocuo; ao revés, pasa factura, e moi cara. A relación entre o consumo excesivo de sal e o aumento do risco de sufrir hipertensión arterial está máis que demostrada por estudos científicos e ensaios clínicos. Os datos non deixan lugar a dúbidas: cada ano falecen en España 124.000 persoas (a terceira parte do total de falecidos) por enfermidades cardiovasculares e unha de cada vinte están directamente relacionadas coa hipertensión. E a realidade é que se se reducise a inxestión deste condimento podería evitarse esta situación. O sal -o que lle engadimos nós mesmos ao prato e o que xa vén incorporado nunha morea de alimentos procesados- dá sabor, pero resta anos de vida. Con todo, hai algo ao noso favor, e é o sentido do gusto, xa que co tempo o padal acaba habituándose e desaparece a sensación de que a comida con menos sal resulta insípida.

Non obstante, reducir o consumo de sal non debe significar eliminalo da dieta. O ser humano necesita consumilo dun xeito regular para manter un bo número de funcións fisiolóxicas: axuda a manter o nivel de líquidos corporais, permite a transmisión de impulsos nerviosos, a actividade muscular e a absorción de potasio, facilita a dixestión e compensa as perdas orixinadas polo exceso de sudación e por vómitos ou diarreas. Nos adultos, a cantidade de sal diario recomendado non ha de superar os 5 gramos, os 3 gramos nos nenos menores de sete anos e os 4 gramos para os que teñen entre sete e dez anos.

Paginació


Altres serveis


Buscar en

Informació de Copyright i avís legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

EROSKI CONSUMER ens prenem molt seriosament la privadesa de les teves dades, avís legal. © Fundació EROSKI

Fundació EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto